O presidente provincial e a alcaldesa da Coruña mantiveron a súa primeira reunión de traballo

1 minutes read
  • Ambos manifestaron a vontade de «continuar e afondar» na liña de cooperación entre ambas institucións.

Ao remate do encontro, ambos mandatarios explicitaron a súa vontade de «continuar e afondar nunhas relación de dúas institucións moi vencelladas e que diariamente comparten espazos de traballo», afirmou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.

«A capital é referencia como tal, pero tamén en moitas materias que teñen que ver co resto da provincia. Hoxe prantamos a semente de catro anos de colaboración en todos os aspectos e en dous sentidos: da provincia coa cidade da Coruña e da cidade co resto da provincia, algo que non sempre foi así», apuntou González Formoso.

Neste mesmo aspecto incidiu a alcaldesa Inés Rey, que mostrou a disposición do seu goberno a «seguir a senda da cooperación institucional» e apuntou que «o Concello da Coruña non só ten que colaborar coa Deputación, senón co resto dos concellos da provincia. Abrirnos a esa tan necesaria cooperación entre institucións para sacar adiante as políticas que transformen e melloren a vida dos cidadáns», sostivo.