O prezo da luz podería baixar en menos dun mes, segundo o Goberno

1 minutes read

A vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, calcula que «en tres ou catro semanas» poderían poñerse en marcha as medidas para intervir o mercado da enerxía e abaratar o prezo da luz.

Asegurouno nunha entrevista na canle 24 horas de RTVE, un día despois de que o Consello Europeo aceptara un «trato especial» para España e Portugal neste sentido.

O Goberno de Pedro Sánchez vai trasladarlle a Bruxelas a súa proposta esta mesma semana e agardará o seu visto e prace para poñelas en marcha. En concreto, España defenderá que se desacople o prezo do gas do da electricidade.

Ribera lembra que as medidas serán temporais e vinculadas a unha excepcionalidade que se está a vivir como consecuencia da invasión de Ucraína. O obxectivo, asegura, é poder habilitar un mecanismo de compra conxunta de gas para que caia por baixo dos limiares actuais.