O prezo da luz podería dispararse en Europa coa chegada do frío

Achéganse os meses de frío e con iso o habitual aumento do gasto enerxético. Pero este ano a factura será maior. En España o prezo da luz alcanzou récords históricos e en Italia, espéranse incrementos do custo de preto dun 40%. Unha verdadeira carga para as familias. Hai voces que culpan á Unión Europea e cren que este aumento é conscuencia do Pacto Verde e o seu obxectivo de converterse no primeiro continente climáticamente neutro en 2050. Pero a Asociación Europea de Consumidores apunta aos combustibles fósiles. «De feito, é a nosa dependencia de combustibles fósiles como a gasolina e o gas natural o que encarece moito nosas facturas enerxéticas. A asociación está a pedir un cambio acelerado cara a un sistema enerxético máis baseado en enerxías renovables con máis electricidade eólica e solar, pero tamén a electrificación dos transportes e da calefacción e a refrixeración, por exemplo”, asegura Dimitri Vergne da Asociación Europea de Consumidores.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha