O prezo da luz segue en niveis récord

O prezo da electricidade no mercado almacenista segue en niveis récord neste xoves cunha media de 189,83 euros o megawatt hora (MWh), o que supón unha baixada imperceptible de 7 céntimos de euros sobre o máximo desta xornada. A hora máis cara desde que hai rexistros darase entre as 20.00 e as 21.00 horas deste último día do mes de setembro, cando alcanzará os 221 euros/MWh, mentres que o prezo máis baixo rexistrarase entre as 02.00 horas e as 04.00 horas, cando cotizará a 145 euros. Este novo incremento na luz prodúcese en plena escalada do prezo de todas as materias primas vinculadas á enerxía en todo o mundo, como o gas, o petróleo e o carbón, que provoca ter que recorrer ás opcións máis baratas, pero máis contaminantes, o que dispara ao mesmo tempo os dereitos de CO2, tamén en máximos históricos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha