O prezo dos alugueiros fai perigar o pequeno comercio

1 minutes read

O estado de alarma pon nunha situación moi difícil os propietarios e inquilinos duns 15.000 locais en Galicia. A ameaza do peche definitivo é unha realidade. Polo momento, só se pode recorrer á boa fe entre as partes. Pero en ocasións non é viable. Será entón cando entre a xustiza. Podería intentarse conseguir unha modificación parcial das condicións do contrato para obter un reequilibrio das posicións das partes, xa que hai unha das partes que non pode utilizar o local e outra que segue cobrando a renda.  O máis recomedable sería iniciar unha vía de negociación entre arrendador e arrendatario para conseguir unha condonación total ou parcial da renda.