- O cribado finalizará este sábado coa recollida das mostras
O cribado masivo que está realizando o Sergas na Laracha desenvólvese de xeito óptimo e sen incidencias de relevancia, segundo explican desde o Concello. Este xoves recolléronse por parte dos cidadáns laracheses 3.128 tubos para depositar as mostras de saliva, isto é, o 92,4 % das persoas citadas.
Este venres estase a desenvolver a segunda xornada coa recollida de tubos no aparcamento da parte posterior ao viveiro de empresas e, fronte a esa mesma infraestrutura municipal, habilitouse unha carpa na que devolver as mostras. O cribado rematará este sábado, en horario de mañá, unicamente coa devolución das mostras.
En total citáronse a máis de 5.500 cidadáns de entre 15 e 65 anos, entre os que se atopa o profesorado dos centros de ensino do termo municipal da Laracha con independencia do seu lugar de residencia.