O primeiro ministro de Portugal, António Costa, dimite

1 minutes read

O primeiro ministro de Portugal, António Costa, dimitiu este martes pola investigación na súa contra por posible prevaricación, corrupción activa e pasiva, e tráfico de influencias en negocios de litio e hidróxeno, aínda que asegurou que non cometeu ningún acto ilícito.

Este xustificou a súa decisión argumentando: «As funcións de primeiro ministro non son compatibles con ningunha sospeita sobre a miña integridade. Nestas circunstancias, presentei a miña dimisión a Presidente da República».

«Nestas circunstancias, obviamente, presentei a miña dimisión á súa excelencia o presidente da República», engadiu o socialista nunha intervención televisada, na que sinalou que o cargo de primeiro ministro non é compatible coa «sospeita da práctica de calquera acto criminal». 

O primeiro ministro de Portugal e varios membros do seu Gabinete están a ser investigados pola Fiscalía lusa por supostos delitos de prevaricación, corrupción activa e pasiva, e tráfico de influencias en negocios de lítio e hidróxeno.

A dimisión ten lugar despois de que a Fiscalía portuguesa levase a cabo este martes o rexistro de «espazos utilizados polo xefe de Gabinete do primeiro ministro» e que varios sospeitosos falaron da implicación de Costa no caso por «desbloquear procedementos».

Estas alegacións «serán analizadas de forma autónoma no ámbito da investigación instaurada no Supremo Tribunal de Xustiza», engadiu o Ministerio Público.