O primeiro premio da lotería do Neno reparte sorte por España, Galicia e tamén en Zas

1 minutes read

Este tradicional sorteo, gordo en premios e curto en duración- unha media hora-, institucionalizouse en 1941, aínda que a súa orixe se sitúa en 1868. O 0 é a terminación ‘favorita’ do ‘Gordo’ deste sorteo e Madrid, o lugar máis agraciado.

O primeiro premio do sorteo extraordinario da lotería do Neno, celebrado este martes e dotado con dous millóns de euros por serie (200.000 euros ao décimo), recaeu no número 06.703 e trouxo a sorte ás catro provincias galegas. Tocou nas localidades pontevedresas de Marín e O Porriño; no municipio lucense de Monforte de Lemos; en Ourense capital e na localidade ourensá de Xinzo de Limia e nos municipios coruñeses das Pontes e Zas. No caso de Zas o boleto premiado co primeiro premio foi vendido no bar Quiniela, ubicado na Travesía de Santiago da localidade soneirá, un local agraciado xa con anterioridade con numeros premios en diferentes sorteos de Bonoloto, Euromillones, etc.

Máis que repartido, o ‘Gordo’ deste sorteo chegou, por provincias, ata Albacete, Alacante, Almería, Asturias, Ávila, Badaxoz, Barcelona, Bizkaia, Cádiz, Castelló, Ciudad Real, Córdoba, A Coruña, Cuenca, Granada, Gipuzcoa, Guadalaxara, Huelva, Huesca, Illas Baleares, Xaén, A Rioxa, As Palmas, León, Lleida, Lugo, Madrid, Málaga, Murcia, Navarra, Ourense, Pontevedra, Salamanca, Santa Cruz de Tenerife, Sevilla, Tarragona, Teruel, Toledo, Valencia, Valladolid, Zamora, Zaragoza.