O PP de Ponteceso afirma que «a veciñanza lévase queixando polos problemas da auga en Corme dende hai máis de 20 días ante o caso omiso do Alcalde, nunha completa deixadez das súas funcións».
«Solicitamos ao Concello transparencia sobre como se está xestionando o asunto, e o único que recibimos é un vídeo surrealista do Alcalde facendo que bebe auga na Oficina Municipal», afirman os populares.
«Dado que Lois García Carballido está asusente, decidimos investigar nós o asunto, e parece que as obras de repontenciación do parque eólico de Corme son as culpables desta nova desfeita na auga de Corme», conclúen.
Como solución propoñen vaciar o depósito de Cuiña e rellenalo de novo con auga da traída proveniente do río Anllóns.
O Concello afirma que foi pola choiva
Nunha concisa nota emitida este mércores, o Concello afirma que «A turbidez detectada na auga de Corme nos últimos días xa está correxida. Este estado turbio da auga aumenta en todas as traídas coas choivas intensas, como as vividas ao longo das últimas semanas».