O profesor Anxo Carracedo envía unha mensaxe de ánimo


Profesor Anxo Carracedo. Foto.- usc.

Anxo María Carracedo Álvarez, premio Extraordinario de Licenciatura en Mediciña pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1978 e Doutor en Mediciña pola mesma universidade en 1982 tamén con Premio Extraordinario. Catedrático de Mediciña Legal da USC desde o ano 1989, foi director do Instituto de Mediciña Legal da mesma entre 1994 a 2012. Actualmente dirixe a Fundación Pública Galega de Mediciña Xenómica (SERGAS, Xunta de Galicia) e o Centro Nacional de Genotipado- ISCIII ( CEGEN) desde os anos 1999 e 2002 respectivamente. Coordina o Grupo de Mediciña Xenómica da USC que integra dez grupos de investigación, plataformas tecnolóxicas de última xeración e preto de 100 membros, persoal investigador de diferentes nacionalidades. Ademais é xefe de grupo do CIBERER (Centro de Investigación Biomédica en Rede de Enfermidades Raras) e Coordinador da área de Xenética e Bioloxía de Sistemas do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela ( IDIS). O profesor Carracedo, quere enviarnos unha mensaxe de ánimo a través das redes sociais, para superar esta situación complicada que nos tocou vivir a todos.

Fonte.- Concello de Santa Comba.