O profesor Fernando Castro presentou no IES de Baio o seu libro ‘O lanzador de coitelos’, Premio Galaxia 2025

1 minutes read

Ao longo de 50 minutos foi posible conversar con él  ao redor dunha novela que “combina os códigos do thriller clásico cunha estrutura sofisticada e sedutora, explorando a liberdade, a memoria, o fracaso, a corrupción e a liña borrosa entre vítimas e verdugo”.

Un sicario. Un poeta húngaro emigrado a París. Un secuestro con consecuencias inesperadas que se converterá nunha viaxe cara ao pasado e, sobre todo, cara ao fondo da identidade.

O autor comentoulles aos presentes que esta obra xurdiu coa motivación inicial crear unha peza teatral cómica, ambientada no mundo do circo, pero a súa maneira de traballar, de maneira intuitiva e desenvolvendo pequenas ideas, proporcionoulle tal cantidade de material que deu lugar a unha historia totalmente diferente do inicialmente proposto:  unha historia con múltiples puntos de vista, con moitas interpretacións, quizá tantas coma lectores…  Unha especie de monólogo interior que desperta a reflexión sobre a propia identidade. Unha obra aberta que responde á aspiración literaria do autor, a de escribir novelas que lle dean liberdade á imaxinación e á percepción do lector, á súa propia interpretación.

Todo isto enriquecido cunha elaborada técnica narrativa e con moita presenza de Pessoa. Un encontro que permitiu  coñecer de preto ao autor e mergullar aos presentes nun dos libros máis destacados da literatura galega actual, tal e como se recoñece coa concesión do premio Galaxia 2025.