Tras as actividades organizadas no outono en Noicela-Rebordelos, chega o turno da parroquia de Aldemunde. As actividades arrincarán o día 24 coa inauguración dun curso de manexo dos teléfonos móbiles especialmente orientado cara as persoas maiores, pero aberto a todos os veciños e veciñas interesadas. As sesións serán impartidas por voluntariado da Cruz Vermella. O obradoiro para mellorar o uso dos smartphones desenvolverase os días 24, 25 e 31, de 16.00 a 18.00 horas, no centro social de Aldemunde. As persoas que queiran participar aínda están a tempo de inscribirse, ou ben poñéndose en contacto coa asociación de veciños ou ben enviando un correo electrónico a comunicacion@carballo.gal.
O programa continuará durante a primeira quincena de febreiro con tres talleres teórico-prácticos. O día 1, coa colaboración da Policía Local, falarase sobre seguridade viaria; o 8, sobre compostaxe doméstica, e o 15, sobre primeiros auxilios no fogar, coa participación de Protección Civil. Todas as sesións comezarán ás 17.00 horas, con entrada libre para todas as persoas interesadas.
De xeito paralelo, durante a celebración de todo o programa de actividades poderá verse no centro social unha exposición de fotografía.