32
- Trátase dunha iniciativa coa que se promove a educación medioambiental a través da creación de espazos verdes e axardinados
A brigada municipal de xardíns de Carballo, por petición do profesorado do CEIP Gándara-Sofán, plantou varias herbas aromáticas e flores formando unha rosa dos ventos. Estes traballos están enmarcados dentro do proxecto Catro estacións, unha iniciativa que promove a educación medioambiental vinculada á creación e mellora de zonas verdes e arboradas e de espazos axardinados en distintos puntos do concello carballés.
A rapazada do centro completará agora o proxecto coa colocación dun poste no que sinalizarán, orientados cara os puntos cardinais correspondentes, os lugares da contorna máis significativos para eles.