- O día 2 de agosto, ás 12:00 horas, no baixo da biblioteca da Laracha ofrecerase unha charla informativa na que se explicará en que consiste esta iniciativa da Consellería de Política Social.
A caravana do programa de servizos asistenciais Coidados porta a porta, impulsado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, estará na Laracha do 2 ao 5 de agosto para ofrecer, de xeito gratuíto, consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a persoas maiores de 55 anos.
O martes 2, ás 12:00 horas, no baixo da biblioteca municipal da Laracha ofrecerase unha charla informativa aberta a toda a cidadanía na que se explicará en que consiste o programa Coidados porta a porta, abordando tamén cuestións relacionadas co Envellecemento Activo. Para asistir á charla non é necesario inscribirse pero si que se deberá solicitar cita previa para poder acceder aos servizos chamando ao 622 748 283 / 623 546 992. Tamén se poderá enviar un correo electrónico a coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.
O programa Coidados porta a porta iniciouse a finais do pasado mes de marzo e está a percorrer todos os municipios galegos agás os das sete grandes cidades. A previsión é chegar a atender a 100.000 persoas en toda Galicia.