O programa Contigo no Camiño remata con máis de 700 servizos

1 minutes read

Contigo no Camiño botou a andar a finais do pasado mes de agosto e remata en setembro con máis de 700 atencións prestadas a peregrinos.  A maior parte dos servizos estiveron vinculados con asistencias sanitarias leves como feridas nos pés ou dores musculares. Tamén se realizaron accións de apoio doutra índole, como información de carácter xeral das etapas da ruta, a súa dificultade, lugares nos que durmir, comer ou visitar, así como puntos para obter auga potable, entre outros. As asistencias realizáronse, ademáis de a peregrinos españois, tamén a caminantes procedentes de Portugal, Colombia, Brasil, Ecuador, Irlanda ou Estados Unidos. Os equipos móbiles de profesionais contaban con formación en primeiros auxilios, desfibrilación semiautomática, xeolocalizacióne cubrían por completo os percorridos do Camiño Francés entre Sarria e a cidade de Santiago de Compostela, o primeiro itinerario con máis peregrinos e que, no que vai de ano, rexistrou máis de 180.000 camiñantes que recolleron a Compostela.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?