O programa de Coidados Porta a Porta atendeu a 35.000 maiores durante o último ano

Así o indicou a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, que visitou a unidade móbil desta iniciativa, que desde o pasado xoves e ata este martes atendeu aos veciños de Ribeira. O horario de atención deste servizo é de nove da mañá a oito da tarde e as persoas usuarias soamente teñen que pedir cita previa nalgún dos teléfonos habilitados —622 748 283 ou 623 546 922—, ou ben no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xuntal.gal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha