O programa de ‘Coidados porta a porta’ regresará Á Laracha entre o 19 e o 21 de abril

Trátase dunha iniciativa impulsada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a persoas maiores de 55 anos residentes en municipios rurais e previr a dependencia nese grupo de idade. A caravana do programa de servizos asistenciais estará na praza Les Sables d’Olonne da Laracha (fronte á biblioteca municipal) entre os días 19 e 21 de abril.

Para pasar consulta gratuíta é preciso solicitar cita previa, ben vía telefónica chamando ao 622 748 283 ou ao 623 546 992, ou ben enviando un correo electrónico a coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

O programa Coidados porta a porta xa estivera na Laracha o pasado verán, cando obtivo unha excelente participación e valoración por parte da veciñanza.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha