O programa de coidados Porta a Porta remata a súa estancia en Ortigueira e As Somozas


As oito unidades móbiles do programa visitan dende marzo deste ano todos os concellos de Galicia, agás as sete cidades, para ofrecer consultas gratuítas, mediante cita previa, de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a maiores de 55 anos. Así, este servizo chegará a máis de 300 localidades, con profesionais de cada unha destas especialidades, e permanecerá entre tres e catro días en cada concello.

Durante o primeiro mes da iniciativa beneficiáronse veciños máis de corenta concellos diferentes, grazas a un investimento entre 2022 e 2023 de case 10 M€. Ata este mércores os autobuses estiveron nos municipios de Ortigueira e As Somozas. A próxima semana o servizo percorrerá as localidades de As Pontes, Mañón, A Capela e Monfero, dentro das comarcas de Eume e Ortegal.

O calendario do programa pode consultarse a través da páxina web da Consellería de Política Social e Xuventude.