COGAMI está a desenvolver un programa de inclusión social no que participan máis de 90 persoas de A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Vigo e Ourense. Este Servizo de Inclusión e Transición ao Emprego para persoas con discapacidade ter por obxectivo prestar cobertura ás necesidades individuais a través de itinerarios personalizados e adaptados aos intereses, capacidades e necesidades de cada participante, fomentando a súa inclusión sociolaboral ao longo de todo o ano 2025.
Cofinanciado pola Xunta de Galicia a través da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral con fins sociais, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF das persoas que marcaron o recadro da X Solidaria na súa declaración da renda, entre as actuacións desenvolvidas destacan a diagnose, o deseño, o seguimento e a avaliación individualizada de cada persoa participante, así como o acompañamento social e laboral e a planificación de accións que reforcen as súas capacidades persoais.
O Servizo tamén realiza intervencións individuais e grupais centradas no desenvolvemento de competencias básicas para o emprego, facilitando o acceso ao mercado laboral e fortalecendo as habilidades profesionais das persoas participantes.
Na selección das persoas beneficiarias, todas contan con discapacidade recoñecida, priorizando aquelas que perciben unha renda de inclusión social, un ingreso mínimo vital, se atopan en situación de risco ou exclusión social, ou foron derivadas por equipos de inclusión, servizos sociais comunitarios ou outras entidades sociais.