O programa de Madrugadores continúa a medrar en Zas

programa de Madrugadores, posto en marcha polo Concello de Zas coa colaboración das ANPAs, segue a medrar e neste curso académico 2025/2026 fan uso deste servizo de forma continuada un total de 13 nenos e nenas.

Este é o terceiro ano que o Concello de Zas ofrece este servizo no CEIP Labarta Pose e no CPI de Zas e que ten como finalidade facilitar a conciliación laboral e familiar da nosa veciñanza.

As familias poden facer uso deste servizo de forma continuada que se ofrece todos os días lectivos en horario de 07:30 a 09:30 horas. Tamén se pode usar de forma temporal (por meses ou semanas) ou de xeito ocasional (un ou varios días concretos). Para as familias, este servizo ten un custo de 20€/mes, 6€ se se usa só por semanas e de 2€ por días soltos. Hai reduccións para o 2º fillo/a e seguintes e para as familias monoparentais. O resto dos gastos do persoal cualificado que atende a rapazada antes do horario lectivo está financiado polo Concello de Zas.

Related posts

Dous incendios, en Coristanco e Carballo, puxeron en alerta este mércores aos servizos de emerxencia

Red Eléctrica pide medidas «urxentes» ante o risco dun novo apagamento

A Laracha avanza na contratación do proxecto de mellora das infraestruturas viarias do parque empresarial