O programa de Nadal da Laracha comezou con teatro

1 minutes read

O Concello da Laracha comezou a desenvolver a primeira das actividades do programa municipal de Nadal.

Este luns realizáronse os dous primeiros pases do Festival de Teatro infantil coa peza Carapuchiña vermella. O musical, unha adaptación do tradicional conto a cargo da compañía EducaTeatro. Pola Casa da Cultura pasaron 348 alumnos de infantil e de 1º, 2º e 5º de primaria do CEIP Otero Pedrayo.

Este martes haberá outros dous pases ás 10:00 e ás 12:00 horas para 314 alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria do CEIP Otero Pedrayo e todos os do CEIP de Caión.

Por último, o martes tamén acudirán ás 11:00 horas os 167 alumnos que suman o CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco e o CEIP de Cumiáns (Montemaior).

En total serán 829 nenos dos catro colexios do municipio os que asistirán ao Festival de Teatro Infantil que se leva a cabo en horario lectivo.

Todos os días, para completar a xornada lúdica, educativa e festiva, despois de cada espectáculo teatral os nenos reciben a visita de Papá Noel acompañado por unha das súas elfas.