O programa de Nadal de Malpica conta con variedade de actividades ata o 19 de xaneiro

1 minutes read

O Concello, en colaboración con  entidades de Malpica, xa ten conformado o programa completo de actividades para este Nadal que rematará o 19 de xaneiro do 2024.

As actividades que o integran son moi numerosas e variadas. Haberá artesanía, deporte, música, exhibicións, obradoiros, , xogos, campamentos, contos e moito máis.

Por outra banda, este xoves, o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e a concelleira de Educación, Cultura, Patrimonio e deportes, Noelia Freijeiro, entregaron os agasallos aos alumnos e alumnas gañadores e gañadoras  do Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal, unha actividade que xa ven sendo unha tradición por estas datas.