O programa de radio Hit Clubbin´ cumpre 17 anos

Este sábado o programa radiofónico Hit Clubbin´, presentado e dirixido polo coñecido radio dj Frisco Taibo cumpre 17 anos de emisión e faio cunha edición especial «in the mix» onde contará coas sesións exclusivas do dj exipcio Deaf Lion e de Dj Frisco & Marcos Peón.
Hit Clubbin´nacía alá polo 2005, ao longo dos anos foi crecendo converténdose nun de radio shows dance mais escoitados do planeta, de feito cada fin de semana chega a 253 emisoras de radio terrestres na súa maioría e en liña, distribuídas en países como Sudáfrica, USA, España, Bolivia, Portugal, Francia, Italia, Ecuador, México, Colombia, Ucraína, Arxentina, Venezuela… ata un total de 21. Cabe destacar que en 2021 Hit Clubbin´ foi candidato aos Premios Ondas como «Mellor radio show de proximidade», anteriormente fora nomeado por diversas revistas especializadas ata en 7 ocasións como «mellor radio show dance nacional». Ademais o programa conta con 14 álbums recompilatorios que se publicaron en diversas discográficas e que están á venda en todos os portais dixitais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha