O programa de reciclaxe ‘Únete ao reto!’, de Ecoembes, chega á Laracha

Programa 'Únete ao Reto'_Concello da Laracha

  • De aumentar nun 10% a reciclaxe nos contedores amarelos, o Concello gañará 2.000 euros para doar a unha causa social local

A Laracha é un dos trece municipios galegos participantes no programa Únete ao reto! de promoción da reciclaxe que impulsan a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e Ecoembes.

O Concello ten a oportunidade de gañar un premio de 2.000 euros para doar a unha causa social local. Para conseguilo é fundamental á implicación da cidadanía, xa que se debe incrementar nun 10% con respecto ás cifras dos meses de marzo, abril e maio do ano pasado a reciclaxe dos contedores amarelos nos que se depositan envases de plástico, bricks, latas, etc.

Este xoves os promotores da campaña informativa de Únete ao reto! mantiveron un encontro co alcalde, José Manuel López Varela, e o tenente de alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, para explicarlles as accións divulgativas que están a levar a cabo e que se prolongarán durante as próximas semanas. Tamén iniciaron a toma de contacto cos establecementos comerciais e hostaleiros para visibilizar a campaña e confirmaron a súa presenza na feira de Paiosaco o domingo 20.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha