O programa «Escolas de familia» da asociación Vieiro múdase ao formato virtual

Cedida

  • Entre os contidos tratados figuran a comunicación e o afecto, a autoestima ou a xestión de emocións

A asociación carballesa Vieiro puxo en marcha o proxecto Escolas de familia, enmarcado dentro da programación de prevención no ámbito familiar, co obxectivo de informar e formar a pais, nais e responsables familiares sobre as melloras na educación dos fillos, así como concienciar da importancia da familia commo axente preventivo.

Debido á situación actual, esta iniciativa está a desenvolverse en formato online a través de encontros virtuais nos que se establecen interaccións entre a educadora, Miriam Romero Traba, e os compoñentes do grupo, facilitando así unha participación por ambas partes, creando debates e exposicións.

Entre os contidos que se tratan figuran a comunicación e o afecto, a autoestima, a xestión de emocións, a promoción da responsabilidade nos fillos/as, a resolución de conflitos, a sexualidade, as adicións ou as técnicas de estudo.

A participación nestas escolas é gratuíta, xa que o programa está subvencionado polo Servizo de prevención de Condutas Aditivas da Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública, dependente da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha