8
Será ás 18:00 horas na Casa da Cultura para elixir a programación. Levarase unha selección de artistas para presentar en sociedade e falar dos seus traballos.
O obxectivo é abrir un debate sobre as propostas que máis lle interesen ao público para que o programa 2026 sexa máis nutritivo e achegue a realidade noso territorio vimiancés.
Non é preciso contar con ningún coñecemento previo sobre danza contemporánea, só gañas de compartir, debater e imaxinar en colectivo. Todas as persoas son benvidas, conclúen desde a organización.