O Concello abe a inscrición para o servizo de apoio á conciliación da vida persoal, laboral e familiar que se oferta a través do Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha nas Festas de Entroido, o luns 16 e o mércores 18 de febreiro -o Martes de Entroido non se oferta ao ser festivo local na Laracha-.
O servizo, que vai dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, estará en funcionamento en ambas xornadas entre as 7:00 e as 14:15 horas nas instalacións do CEIP Otero Pedrayo.
Ofrécense dúas modalidades de solicitude de acordo ás necesidades de conciliación de cada usuario, podendo escoller as opcións con ou sen almorzo. Os servizos básicos incluídos para calquera modalidade de inscrición son a acollida, coidado, vixilancia e realización de actividades educativas e lúdicas con profesionais especializados
O prazo para solicitar a praza estará aberto ata o día 6 de febreiro. As persoas interesadas poden tramitar a inscrición ben a través da Sede Electrónica ou ben acudindo ao Centro de Información das Mulleres (Edificio Administrativo da Laracha). Requírese un mínimo de dez inscritos para poder levar a cabo este programa.