O programa Hit Clubbin´Radio Show pecha o ano ao grande

1 minutes read

O programa multiemisora Hit Clubbin´ producido desde Nova Hit por Dj Frisco pecha este ano con dous especiais, o primeiro deles ponse en circulación esta fin de semana. Frisco dará un repaso aos números un do ano nunha edición chamada « All Top 1», onde participan case 70 artistas que quixeron felicitar as festas aos oíntes do radio show que estan esparexidos ao longo do planeta en 23 paises, (Sudafrica, Ucraína, Venezuela, USA, España, Bolivia, Ecuador, Francia, México, Perú, Colombia, Portugal, Arxentina, Italia, Holanda,…) e nas máis de 250 emisoras onde se pode sintonizar o programa cada semana.

E xa para pechar o ano a próxima semana os fieis de Hit Clubbin´ poderán escoitar as sesións exclusivas no formato « in the Mix» de Dj Frisco & Marcos Peón e como super convidados Block & Crown que levan uns anos comandando todas as listas mundiais con moitas das súas cancións. 120 minutos non stop do son house que move as discotecas de todo o mundo.

Ademais neste mes de decembro, concretamente o pasado dia 17 púxose á venda en todo o mundo a traves dos portais dixitais un novo album recompilatorio con moitos dos números 1 que soaron no programa, Hit Clubbin´ compilation «Christmas Edition».
Hit Clubbin´ esta ON AIR! desde 2005, presentado e dirixido por Frisco Taibo, foi candidato como «Mellor programa de radio de proximidade» na última edición dos premios nacionais de radio, os ONDAS 2021.