O programa ‘O Mar na Escola’ volve aos colexios de Camariñas

Cedida

  • Participará o alumnado de 5º e 6º de primaria e seguirase o protocolo marcado pola Consellería de Educación

O Concello de Camariñas retoma o programa de vela ‘O Mar na Escola’ dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria dos centros educativos do municipio. Esta actividade, iniciada no ano 2004, desenvolveuse de xeito ininterrompido durante os últimos anos pero no 2020 tivo que parar debido á declaración do estado de alarma.

Esta semana comezan as sesións teóricas e na seguinte iniciaranse as prácticas. En cada unha delas as normas que se van a seguir son as marcadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades no seu protocolo.

Desde o Concello agradecen á Real Federación Galega de Vela as súas xestións e apoio para que os participantes estean perfectamente cubertos co seguro de accidentes pertinentes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha