O programa PEL-PEMES da Deputación da Coruña financia a contratación de 544 persoas

1 minutes read

A Deputación da Coruña financia con 5,5 millóns de euros a contratación de 544 persoas en pequenas e medianas empresas da provincia da Coruña. A institución provincial vén de publicar no BOP a resolución da concesión definitiva das axudas da liña PEL-PEMES do Plan de Emprego Local coas que financiará 326 novas contratacións e subvencionará, por segundo ano consecutivo, a contratación indefinida de 218 persoas traballadoras en pemes e microempresas que teñan o seu domicilio fiscal nun concello de menos de 20.000 habitantes da provincia da Coruña.

“O obxectivo desta liña do PEL é apoiar a creación de emprego estable e de calidade, especialmente nos concellos máis pequenos e rurais da provincia, permitindo a 544 persoas ter unha oportunidade laboral e contribuíndo ao mesmo tempo a fixar poboación”, afirmou o presidente en funcións da Deputación, Valentín González Formoso, que destacou tamén o incremento do orzamento inicial do programa para poder atender o elevado número de solicitudes que se rexistraron.

De aí que, aínda que estas liñas xa viran incrementados os seus orzamentos iniciais respecto da anualidade anterior, foran suplementadas co fin de chegar ao maior número de empresas e traballadores/as posible. A liña de PEL-Pemes Creación e Ampliación, que nesta anualidade contaba xa cun crédito inicial de 2,9 millóns suplementouse ata preto de 3,5 millóns. Pola súa banda, a liña de PEL-Pemes Mantemento duplicou o seu ozamento, pasando de 1 millón a preto dos 2 millóns de euros.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?