O programa ‘Ti tes a chave’ volve á rúa en Carballo

1 minutes read

Para seguir avanzando cara un futuro máis sostible, o programa Ti tes a chave volve á rúa en Carballo nestes primeiros meses do ano. Este xoves abre o calendario das accións de rúa coas que se intentará seguir achegando á poboación a información necesaria para seguir ampliando a rede de colaboradores na recollida selectiva de residuos orgánicos. O posto estará operativo nas datas sinaladas na rúa Coruña, de 10.00 a 13.30 horas, e ademais de poder conseguir a chave que abre os colectores marróns, tamén poderás repoñer as bolsas compostables se as precisas, recoller un funil para facilitarche a recollida do aceite de cociña ou informarte sobre o programa de compostaxe na zona rural. 

As datas previstas na rúa para o primeiro trimestre do ano son as seguintes: 

  • Xoves 2 de febreiro 
  • Domingo 12 de febreiro 
  • Xoves 16 de febreiro 
  • Domingo 26 de febreiro 
  • Xoves 2 de marzo 
  • Xoves 9 de marzo