A Xunta de Galicia suma o concello da Pobra de Trives ao programa de atención alimentaria a domicilio Xantar na casa. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e a alcaldesa deste municipio ourensán, Patricia Domínguez, asinaron o convenio de incorporación a este servizo público, que inicialmente beneficiará a 15 veciñas e veciños da localidade, coa posibilidade de ampliar o número de persoas usuarias se é necesario. A comida repártese nas vivendas nunha única entrega para todos os días da semana, incluídos sábados, domingos e festivos; polo que soamente hai que quentala antes de consumila. Aos destinatarios tamén se lles facilitan os electrodomésticos que precisen no caso de que carezan deles, como neveira e microondas.
40
