O proxecto “Aprende a través del surfing” chega aos centros educativos de Malpica

Imagen de los niños del CRA de Barizo_Cedida

  • O obxectivo desta iniciativa é establecer unha relación entre os nenos e o medio ambiente

Os centros educativos de Malpica de Bergantiños recibiron a pasada semana as primeiras sesións encadradas no proxecto “Aprende a través del surfing”, cuxo obxectivo é ensinar aos rapaces e rapazas a mellorar a súa relación co medio ambiente, especialmente co mar, e tamén entre sí mesmos.

As sesións tiveron lugar no CRA Nosa Señora do Faro; no CEIP Joaquín Rodríguez Otero e no CEIP Milladoiro, se ben continuarán ata completar as cinco semanas do proxecto. Como colofón final as sesións prácticas serán nos areais malpicáns.

A idea primordial da iniciativa, que conta coa colaboración do Concello de Malpica, é inculcar a cultura deste deporte marítimo para abranguer situacións como o coñecemento das mareas ou familiarizarse coa contorna, espazos “que temos sempre de man pero que non sempre empregamos como deberiamos”, recalca David Blanco, responsable do proxecto.

A concelleira de Educación e Medio Ambiente, María Álvarez, destacou a importancia de “trasladarlle á rapazada valores propios do deporte, de xeito máis particular do surf”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha