O Concello da Coruña ampliará o proxecto do Bosque de Breogán cunha segunda fase que suporá a adecuación duns 35.000 metros cadrados de monte para o uso e gozo da cidadanía. Esta zona de lecer atópase entre a Urbanización Breogán e o cemiterio de Feáns. Estes terreos serán intervidos mediante a eliminación de especies invasoras e a plantación doutras árbores autóctonas. Levaranse a cabo outras actuacións paralelas, como a integración neste proxecto do parque infantil situado na rúa José Goyanes. Limparanse tamén os camiños crearase un circuíto circular. Está previsto que os traballos desta segunda fase comecen nos próximos meses, unha vez se superen os trámites previos indispensables para a súa execución. A previsión é que a primeira fase do Bosque de Breogán quede finalizada nos meses de verán.
37