O proxecto de danza Escora chega a Carballo

Cedida.

O proxecto Escora, promovido pola Deputación da Coruña para visilibizar o traballo artístico das compañías de danza galegas, chega a Carballo cun obradoiro e tres espectáculos de danza. Este é o programa:

Obradoiro de creación partindo da danza tradicional como busca de novas linguaxes, impartido por Estefanía Gómez e Iván Villar. Actividade aberta a todo o público, de balde, con inscrición previa no email escoradanza@gmail.com (indicar nome, teléfono de contacto e horario de obradoiro).

  • Taller infantil, de 11.00 a 12.00 horas. Mercado municipal.
  • Taller para persoas adultas, de 12.00 a 13.30 horas. Mercado municipal

Espectáculos de rúa, a partir das 20.00 horas
A raíz de | Daniel Rodríguez
Nexos | Cía Exire
Encontro co público

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha