34
- A alcaldesa, Inés Rey, afirma que «As persoas teñen que ser as protagonistas dos plans de mobilidade para transformar a cidade».
Acompañada do concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, presentou en María Pita o proxecto de remodelación dos Cantóns, entre a avenida da Mariña e a rúa Juana de Vega. Unha transformación que permitirá recuperar máis de 11.000 metros cadrados para o uso da cidadanía e que vén acompañada de peonalizacións para crear espazos públicos de calidade que lle garantan a accesibilidade a todo o mundo. A alcaldesa sinalou que o concello dá un paso máis no reto de construír unha cidade amable e sostible, «cun plan para recuperar o espazo público e devolvérllelo ás peoas e aos peóns e que supón a primeira pedra do futuro urbanismo da cidade».