O proxecto medioambiental Diversiplás de Íntegro segue sumando adeptos

Adolfo López_Íntegro.

O proxecto medioambiental da asociación Íntegro para a reciclaxe e transformación de residuos plásticos Diversiplás segue traballando e avanzando desde a inclusión cara unha Costa da Morte máis sostible. Agora, os colectores están xa a disposición da veciñanza de Ponteceso na Biblioteca Municipal e na Oficina Municipal de Corme para a deposición de envases de polietileno de alta densidade (número 2 na súa etiqueta), polipoprileno (5) ou poliestireno (6). O procedemento é sinxelo: os envases a depositar deben ser lavados con auga e xabón. E, tras retirarlle tamén as etiquetas, poden ser depositados nos puntos indicados para a súa reciclaxe. Neste sentido, a asociación pon en marcha un proceso de recuperación e valorización destes residuos que, ademais, promove a integración social e fomenta entre as persoas con discapacidade oportunidades ocupacionais, terapéuticas ou laborais.  

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha