33
Dá comezo en Galicia á execución do Proxecto Mil Ríos para mellorar un total de 470 quilómetros de 50 cursos fluviais e aumentar así a súa resiliencia e capacidade de resposta ante o cambio climático. Trátase dunha iniciativa de Medio Ambiente co obxectivo de restaurar os ámbitos fluviais, incrementar a biodiversidade e optimizar a conectividade ecolóxica, cun investimento global de 5 millóns de euros de fondos europeos. Os traballos consistirán na mellora da vexetación de ribeira mediante a eliminación de especies exóticas invasoras e a plantación de especies autóctonas, así como en suprimir obstáculos e optimizar os dispositivos de franqueo, co que se reforza a capacidade de adaptación dos ríos.