O PSdeG afirma que Feijóo “o único que quere é confrontar directamente con Pedro Sánchez”


O PSdeG vén de rexeitar a designación de Feijóo e Tellado como senadores por designación autonómica tras absterse na votación que se celebrou este martes durante a celebración dun pleno extraordinario no Parlamento para este fin.

“O PP está a facer un uso incorrecto da figura de senador ou senadora por designación autonómica que ten como principal obxectivo defender os intereses da comunidade autónoma”, sinalou o voceiro parlamentario do PSdeG, Luis Álvarez, tras amosar a súa desconformidade polo “uso partidista” desta figura que está realizando o Partido Popular.

Neste marco, o dirixente socialista criticou que Feijóo “o único que quere é un posto na Cámara Alta para confrontar directamente con Pedro Sánchez, en vez de traballar en prol dos intereses das galegas e galegos”.