O PSdeG afirma que o PP vetou a liberalización das peaxes da AG-55 e a AG-57


Nunha nota emitida este mércores o PSdeG comunicou que o PP de Galicia vetou unha iniciativa socialista para liberalizar as peaxes das autoestradas AG-55 A Coruña-Carballo e AG-57 Puxeiros-Val Miñor, logo de votar en contra no Pleno do Parlamento dunha proposición non de lei presentada pola voceira de Infraestruturas do PSdeG Patricia Otero.

Otero lamentou a negativa do PP de Galicia para instar á Xunta a acabar co “espolio” ao que está sometida a veciñanza da Costa da Morte, Bergantiños e Val Miñor, “principais agravados fronte ao resto da cidadanía galega” cando as demais vías de altas prestacións da comunidade autónoma son gratuítas.

A deputada Socialista instou á Xunta a presentar, no prazo de seis meses, os estudos precisos para proceder á “liberalización” destas dúas peaxes, así como establecer “de xeito inmediato” a rebaixa das peaxes para a totalidade das persoas usuarias”.