Patricia Iglesias Rey e Aitor Bouza, membros do Parlamento galego, participaron nunha xuntanza en Coristanco coas ANPAs da zona para coñecer mellor a situación. Tamén estiveron nela o voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda e máis o secretario de educiación da executiva provincial Lois García Carballido.
Iglesias Rey sinalou na reunión que «vemos ano tras ano como ó inicio do curso, os recortes por parte do Goberno galego do PP repítense, é como o Día da Marmota». «Vemos como o profesorado especialista tamén se recorta e non se cubren as vacantes existentes», engade.
A parlamentaria socialista criticou que «a Xunta sempre fale de números e ratios, pero non de nenos e de nenas». «Nos centros educativos da Laracha, de Cabana, de Carballo, de Coristanco, estes recortes repítense, como digo, ano tras ano», lamentou.
«As socialistas levaremos esta reivindicación ao Parlamento de Galicia porque queremos unha educación pública de calidade, unha educación pública e inclusiva para todos os nenos e nenas», concluíu.