O PSdeG apoia a continuidade das explotacións mar-industria no dominio público terrestre


Así llo trasladaron este luns ao sector. Valentín González Formoso dixo que lle pedirán ao Goberno central que lle aclare por escrito ao sector as condicións nas que se vai facer a renovación das concesións a estas instalacións. Nun informe, Costas cuestionaba a súa continuidade nos peiraos. En calquera caso, Formoso indicou que “estamos tranquilos” tras ter mantido conversas coa Dirección Xeral de Costas e coa ministra de Transición Ecolóxica. “Pero estaremos máis tranquilos cando conteste por escrito ao sector directamente”, sinalou. Por iso, emprazou aos afectados a solicitar un informe ao Ministerio para se fixe un criterio e unhas condicións claras baixo as que este tipo de instalacións poidan permanecer en zona de dominio público marítimo terrestre. “Con iso”, aseverou, “creo que a seguridade xurídica estaría garantida e achegaríamos tranquilidade ao sector”. “Iso é o que imos esixir nós”, subliñou.