O PSdeG celebrará o seu congreso a partir de outubro

1 minutes read
PSdeG.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou este sábado no Comité Federal do PSOE, unha cita que serviu para constatar que “as nosas prioridades están pegadas ás da cidadanía”, coa vacinación e a reactivación económica e social en primeiro plano. Neste senso, o líder dos socialistas galegos subliñou que, “fronte a agoreiros e desconfiados”, a estratexia de vacinación impulsada polo goberno de España “está sendo un éxito”. Gonzalo Caballero apuntou que o Comité Federal aprobou que o congreso do PSOE teña lugar en Valencia o 15 de outubro. No que atinxe ao resto de cónclaves autonómicos, o acordo é que todos eles se desenvolvan unha vez celebrado o federal e antes do 19 de decembro.