O secretario xeral perfila un modelo sanitario con “máis persoal e máis estable, próximo á cidadanía e cunha nova atención primaria para a próxima década”.
Gonzalo Caballero, destacou este domingo a importancia da sanidade pública na loita contra a covid-19 e, nese senso, chamou a “fortalecer” o sistema para loitar contra esta pandemia e para “dar a mellor resposta” ante a evolución da crise.
Para iso, o PSdeG configurou un comité asesor en materia sanitaria con 50 expertos no eido sanitario e na xestión pública e no que se incorpora tamén a que fora conselleira de Sanidade, María José Rubio.
O secretario xeral dos socialistas galegos sinalou que a receita de Feijóo de teleasistencia e consultas telefónicas para atención primaria é “insuficiente e carece de modelo”.