O PSdeG contrapón o “apoio” da Deputación da Coruña aos concellos fronte a unha Xunta “indolente”

A voceira de Orzamentos do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, evidenciou o “apoio imprescindible” da Deputación da Coruña aos concellos durante a crise sanitaria, económica e social derivada da pandemia. A deputada socialista contrapuxo este compromiso coa “indolencia” dunha Xunta de Galicia “que non achegou nin un só euro aos concellos galegos para afrontar esta situación”. Begoña Rodríguez Rumbo realizou estas declaracións durante a comparecencia do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, na comisión de orzamentos do Parlamento de Galicia. Neste contexto, a parlamentaria do PSdeG tamén puxo en valor o exercicio de “transparencia” do organismo provincial fronte ás 115 entidades instrumentais da Xunta, que xestionan o 15 por cento do total do orzamento autonómico e que levan dende a chegada de Feijóo ao goberno “sen comparecer no Parlamento para render as súas contas”, concluíu.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha