- Unha para a creación dun punto de encontro familiar e a outra para dotar dun nome oficial ao Pavillón da Rúa Vila de Noia.
Na actualidade, soamente existen puntos de encontro familiar nas 7 principais cidades de Galicia. Con todo, o pasado mes de setembro o goberno da Xunta de Galicia manifestou a intención de abrir máis puntos para cubrir áreas do rural. Dende o Partido Socialista carballés consideran de vital importancia a creación dun punto de encontro familiar na vila para así dar resposta ás necesidades de tantos veciños que ata a data deben desprazarse a outras localidades para facer uso deste servizo familiar para “intercambiar” aos menores cando lles toca cambiar de proxenitor. Por isto, solicitan ao Pleno o acordo de Instar á Xunta de Galicia á realización dun estudo para valorar a viabilidade da creación deste Punto de Encontro Familiar en Carballo, para uso de todos os Concellos da comarca de Bergantiños.
Pabillón Vila de Noia
Nunha das últimas reunións do consello de deportes, algúns colectivos manifestaron a conveniencia de dotar dun nome propio ao pavillón que actualmente se coñece como «Vila de Noia», non por ser este o seu nome oficial, senón por estar situado nesa rúa. Comentouse que equipos foráneos tiveron complicacións á hora de arribar ao devandito pavillón, pois o descoñecemento da zona e a ambigüidade que a miúdo mostran os dispositivos gps, xogáronlles «malas pasadas» en varias ocasións. Por todo isto, o Partido Socialista de Carballo propón ao Pleno Municipal se de inicio a un proceso co fin de dotar dun nome propio oficial ao mencionado pavillón, sito na rúa Vila de Noia da localidade.