O PSdeG-PSOE de Malpica de Bergantiños continúa a realizar reunións coa veciñanza do municipio nas súas diferentes parroquias, co obxectivo de escoitar de primeira man as demandas, necesidades e inquedanzas dos veciños e veciñas e trasladalas ao pleno municipal.
Estas xuntanzas continuarán este domingo 22 de marzo en Cerqueda, ás 12:30 horas, nas Escolas das Pozacas. Xa no mes de abril, os veciños e veciñas poderán participar na xuntanza do domingo 12 no local social de Mens, ás 12:00 horas
O domingo 19 de abril será a quenda de Leiloio ás 11:00 horas nas Escolas da Raxeira, e o domingo 26, a de Vilanova de Santiso nas Escolas de Beo ás 12:00.
Dende a Agrupación Socialista Local sinalan que estas reunións “forman parte do compromiso do PSdeG de Malpica cunha política de proximidade, escoita activa e defensa das parroquias, co obxectivo de dar voz á veciñanza e trasladar as súas reivindicacións ás institucións correspondentes”.
Esta xeira de xuntanzas comezou o 18 de xaneiro no local social de Barizo, e proseguiu o 25 de xaneiro no Teleclube de Buño e o 1 de febreiro nas Escolas de Cambre.