O Partido Socialista de Muxía celebra o seu acto de apertura de campaña este sábado, día 13, cunha churrascada para todos os veciños e veciñas da vila.
O evento, que terá lugar nunha carpa na Baiuca a partir das 13:30 horas, será unha comida de confraternización como punto de inicio da campaña electoral socialista para as eleccións do derradeiro domingo de maio.
Para retirar as entradas pódese contactar con calquera dos membros da lista electoral ou no teléfono 666 389 836.
O candidato socialista, Iago Toba, convida a todos os veciños e veciñas de Muxía a acudir a esta xornada “para apoiar ao noso equipo de cara a carreira electoral do 28-M, na que depositaremos todo o noso esforzo e a nosa ilusión por seguir mellorando Muxía”, afirmou.
Toba sinala que “a nosa candidatura está formada por un grupo de persoas que mestura á perfección xuventude, experiencia, humildade e capacidade para acadar unha única meta: unha Muxía con futuro e un lugar mellor onde vivir”.