O PSdeG de Zas celebrará este venres unha xornada informativa na Casa do Pobo da vila

1 minutes read

Será para dar a coñecer as novas liñas de financiamento e subvencións da Deputación da Coruña. A actividade terá lugar ás 19.30 horas, en primeira convocatoria, na Casa do Pobo, situada na Rúa Agra dos Cregos.

A iniciativa xorde co obxectivo de facilitar ao tecido asociativo e á veciñanza do concello o acceso á información sobre as diferentes oportunidades de financiamento que ofrece a institución provincial. Segundo sinalou a Secretaria Xeral do PSdeG de Zas, Sheila Rial, «coñecer estas oportunidades e ter información sempre me pareceu relevante. A Deputación volveu a sacar grandes oportunidades de financiamento e novas que son necesarias coñecer porque estou segura que o tecido asociativo e moitas persoas do concello se poderán beneficiar delas».

A entrada á xornada é libre para todas as persoas interesadas, aínda que por motivos organizativos dende o PSdeG de Zas solicitan confirmación de asistencia no teléfono 633 238 095, a través de chamada ou WhatsApp.

Rial destacou o compromiso da agrupación local coa información á cidadanía: «Dende as nosas canles de comunicación (WhatsApp, Facebook, Instagram) sempre informamos de becas, subvencións, alertas, calquera información de interese e na Sede tamén realizamos xornadas informativas e formativas coma esta».

A Secretaria Xeral tamén recordou que o número 633 238 095 está dispoñible para que a veciñanza poida dirixirse a ela con calquera dúbida, petición ou inquietude que queiran trasladar.