O PSdeG de Zas critica uns orzamentos municipais con partidas «totalmente insuficientes»

A voceira socialista Sheila Rial criticou «un orzamento no que se botan en falta moitas cousas». Destacou a ausencia dun espazo previo de debate para «poder facer emendas cando corresponde».

«O pleno non era para facer emendas, o orzamento xa estaba enriba da mesa», explicou a socialista, pero «o caos e a desorde do noso municipio deixan claro a falla de transparencia, o modo de actuar e a pouca voz que se dá aos demais membros da corporación”.

“Non se debatiu un simple documento contable, senon unha declaración de intencións, un modelo de municipio no que, por desgraza, o orzamento evidenciou claramente un modelo que non compartimos”, subliñou Rial.

A voceira socialista salientou que unha parte importante dos recursos que sosteñem o orzamento proceden doutras administracións, especialmente da Deputación da Coruña que neste ano 2026 achega máis de 1 millón de euros a través do POS. “Isto é importante dicilo porque logo o goberno non explica con claridade quen paga realmente», critica.

Lamentou así mesmo que «non hai compromiso firme para dotar a lugares como Regalados ou Beizana da traída da auga municipal, un servizo básico que levan anos reclamando». Tamén que «seguen externalizando a limpeza viaria cando hai vacantes de peóns e a propia RPT o recolle».

“Hai partidas que son totalmente insuficientes, como por exemplo os 20.000€ para os centros educativos sabendo como estan», afirma Rial. Enumera tamén os «10.000 para as comisións de festas que son quen realemnte manteñen viva a actividade social do municipio» ou a «nula partida para abastecer de servizos básicos, mentres que si hai 30.000€ para actuacións protocolarias”.

“O orzamento de Zas ten luces e sombras tan evidentes que ata no propio informe de intervención se reflexa, sendo este desfavorable” salienta a socialista.

Unha ambulancia medicalizada para a bisbarra

No pleno tamen se tratou a moción para reclamar unha ambulancia medicalizada para a Costa da Morte levada por Sheila Rial, que, a pesar de ser aprobada por unanimidade, foi criticada polo rexedor do BNG, Manuel Muíño.

«Molesta que o PSdeG leve mocións ao pleno, o problema teno sempre porque somos outros quen facemos o traballo real mentres el solo quere salir na foto”, sentencia Rial.

Dentro doutros asuntos a voceira socialista preguntou tamén pola cobertura da Policía Local e polo prezo da empresa que leva as redes sociais. Levou tamén como rogos que se arranxe a situación de Rial de Abaixo, un proxecto para levar a traída de auga en Regalados, o arranxo dunha pista entre Beizana e Loroño e, de novo, que se dote dunha sinalización axeitada á ponte e as excavacións en Brandomil.

“Estou farta da desorde no pleno, desa ansia de intimidar do alcalde, e do anuncio duns orzamentos record cando o investimento real non é o que ten que ser para mellorar a vida das veciñas e veciños de Zas”, indica a socialista. «Non é só gastar máis, é gastar ben e mellor», conclúe.

Related posts

Rescatados por surfeiros un pai e a súa filla logo de que a corrente os arrastrase na praia Area Maior de Malpica

Aspaber 50 anos: traxectoria, compromiso e futuro

Conclúe na Laracha a acción formativa de “Operacións de Caixa e reposición”, do Programa Integrado de Emprego